miércoles, 22 de febrero de 2012

España, potencia mundial do Twitter

Semiocast, unha empresa francesa que elabora estudos para marcas comerciais, así o constata. O pasado mes de xaneiro e tras analizar 383 millóns de perfís de Twitter, presentou o seu informe condensado en dúas gráficas. Atendendo a estudos previos e grazas ás plataformas, bases de datos e ferramentas das que dispón, esta empresa especializada nas relacións entre consumidores a través das redes sociais concluíu a súa investigación guindando dous datos moi importantes, que sen dúbida son reflexo da situación actual mundial.

Primeiramente, Semiocast presenta unha gráfica dos 20 países con máis usuarios en Twitter, e salienta a posición de Brasil, como o segundo país no mundo. Brasil, como se observa, xa adiantou a Xapón e só é superado polos EE.UU. Amais, cabe destacar o papel de España, xa que nos situamos novenos na listaxe, moi por riba de países coma Francia ou Alemaña que posúen moitos máis habitantes.
E a segunda parte do estudo non é menos relevante, pois non só importan os millóns de usuarios de Twitter en cada país, senón cómo son eses usuarios : activos ou máis ben pasivos. E resulta que, a pesares de ocupar o posto 16 da lista anterior, os holandeses demostraron ser os máis activos : foron eles os que máis "twittearon" durante o estudo (setembro 2011-novembro 2011) e tamén os que máis actualizaron a súa conta de Twitter e os que máis se conectaron.

Pero ó igual ca antes, Semiocast presenta a España nunha posición alta desta listaxe : somos os terceiros do mundo máis activos en Twitter, a pesares de non ter tanta tradición coma os países anglosaxóns nisto das redes sociais..xa vedes, somos unha potencia mundial no Twitter!