lunes, 30 de enero de 2012

¿Que é o máis importante para un adolescente de hoxe en día?






Este estudo realizado polo sociólogo Jorge Baeza, demostra o carácter individual e egoísta que temos os adolescentes da actualidade, pois para un 85% da poboación o máis importante é a familia, para un 79% o seu futro e para un 62% os seus estudos.

domingo, 29 de enero de 2012

Artigo: O que poucos saben das influencias das redes sociais


Dise da nosa xeración que somos “a xeración informática”, que pasamos a meirande parte do noso tempo “encerrados” ou “aislados” por mor das novas tecnoloxías. Pero, en que se basean para dicir isto? Cos avances tecnolóxicos e coas novas tarifas de internet everywhere  das compañías telefónicas, cada vez máis asequibles, o de “estar co ordenador todo o día encerrado na casa” non vale. Falan de illamento, pero empregamos o ordenador sobre todo para poder ingresar nas redes sociais, como Twitter, Facebook ou Tuenti, as redes máis empregadas en España.

Estas redes son empregadas para comunicarnos cos nosos amigos como é o caso de Tuenti e Facebook, ou para dar a nosa opinión ó mundo enteiro en Twitter. De verdade isto íllanos? De verdade isto vólvenos máis solitarios e individuales? Non. Un estudo da Universidade de Navarra (o cal desmonta o mito autonomía=pouca socialización), entre outras cousas, obtivo como conclusión que “O emprego das  redes sociais entre os menores intensifica as súas relacións sociais reais, pois o 50% dos usuarios avanzados de redes sociais emprégaas en compañía dos seus amigos”. Ou o que é o mesmo, empregar as redes sociais, intégranos, axúdanos a coñecer a máis xente, é dicir, vólvenos máis sociais, e polo tanto, máis colectivos, pois en redes como Twitter podemos preguntarlle ós nosos seguidores consello sobre un tema, ou facer un evento en Tuenti ou Facebook  movilizando á poboación en casos coma o 15 M
Outros resultados obtidos de este estudo son:
-Os usuarios máis avanzados en redes sociais, decláranse máis autónomos respecto á navegación, porén, canto máis empregan as redes sociais, valoran máis a navegación cos seus amigos: a metade dos usuarios avanzados recoñecen navegar con amigos, un dato que se queda no 35% cando se trata de xóvenes que no utilizan as redes sociais.
-O 70% de usuarios avanzados en redes sociais emprega a tecnoloxía como axuda para os estudos ou para as tarefas escolares, porcentaxe que se reduce ó 50% cando se trata de persoas sen redes sociais.
Todo isto quérenos dicir que non só son mentiras a maioría das cousas que se din das redes sociais e dos videoxogos respecto a temas sociais, senón que estes axudan á mellorar a calidade da nosa vida social. 



sábado, 28 de enero de 2012

Curiosidades: un videoxogo que axude a nenos autistas?



Son moi habituáis as críticas ás industrias dos videoxogos, pola suposta tendencia ó illamento que estes producen, pero os investigadores da Universidade de Missouri están investigando sobre os efectos positivos nos nenos con autismo que poderían ter os videoxogos.
O experimento consiste no estudo do feedback neuronal mediante Space Race, un xogo creado ex profeso para este estudo, que consiste nun cohete que dependendo da atención que lle preste o noso cerebro, viaxará máis ou menos rápido. Isto lles permitirá ós científicos monitorizar a actividade cerebral para poder ver cales son os estímulos e as acción para poder “entrenar” o cerebro dos nenos autistas, ensinándolles a regular as súas propias funcións cerebrais, incrementando as súas interaccións sociais, o seu apetito e as súas horas de sono.

Space Race, un novo método paliativo

O poder dos videoxogos sobre os nenos autistas xa foi discutido anteriormente no blog persoal de MaryTara Wurmser, nai dun neno autista que amosa as experiencias do seu fillo e eloxia as boas influencias que ten Nintendo Wii, pois a súa interface amigábel e amena, permitiulle ó neno superar bastantes complexos.
Todo isto demostra que os estigmas sobre a sociedade individual e aislada que están a crear as novas industrias de comunicación e entretimento informático, como as redes sociais, son simplemente estigmas, e que todo pode ser beneficioso se se emprega axeitadamente.